Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ENERXÍAS RENOVABLES
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A7 A25 B7 O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa das resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos. Podendo acadar como máximo 5 puntos sobre os 100 de cualificación final máxima da asignatura . 5
Traballos tutelados A25 C1 C4 O alumno que acadando nota superior a 4 na convocatoria ordinaria ten a opción de realizar , defender e aprobar un miniproxecto consegindo deste xeito unha calificación apta na convocatoria de 2ª oportunidade (xullo)
Traballo que entregará nun prazo fixado polo profesor. Caracteristicas do traballo que fixará o profesor e que defenderá o alumno cunha presentación oral.
8
Sesión maxistral A25 B2 B3 A presenza e participación nas clases aportará un máximo de 5 sobre 100 co 100 % da asistencia. A relación asistencia puntuación non será lineal, asistencia inferior o 50% non puntuará. Esta puntuación engadirase a nota se o alumno supera o 40% dos pesos das probas obxectivas. 5
Saídas de campo A25 A asistencia as saidas de campo e obrigatoria e aporta un 5% do computo da avaliación.

As saídas de campo avaliaranse cun cuestionario que se entregara cos exames das convocatorias ordinaria e 2ª oportunidade, normalmente farase coa parte de teoría de ditas probas obxetivas, aportando un 5% que se engade o 5% de asistencia

As saidas de campo poden substiuirse por prácticas de laboratorio se a escola autorizase concertar as prácticas noutros centros do campus Ferrol.
10
Proba obxectiva A1 A25 Exame final 2ª parte
Realizarase un segundo exame nas datas aprobadas pola escola, dita proba estará dividida en dúas partes: unha na que se desenrolarán preguntas de teoría que inclúen os restantes capítulos do temario (temas do IX o XIX), e outra parte despois dun descanso na que o alumno deberá vir con calculadora, unha regra e bolígrafo, faráselle entrega dos enunciados de problemas. A distribución dos pesos de cualificación das diferentes partes da proba obxectiva farase en función do grado de dificultade das dúas partes. O profesor notificará dito criterio no momento de principiar a proba obxectiva.
35
Presentación oral C5 E imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do traballo tutelado
Na presentación oral o alumno disporá de media hora como máximo. A defensa farase en audiencia pública para o resto de compañeiros que estando nas mesmas condións aceptaron a opción de realizar o miniproxecto.
2
Proba obxectiva A1 A25 Exame final 1ª parte (proba pactada co alumnado o principiar as clases)

Realizarase un exame dividido en dúas partes, nunha primeira se desenrolarán preguntas de teoría e nunha segunda parte faranse un ou dous problemas, segundo criterio do profesor. Os temas que abrangue esta primeira proba obxectiva van dende o primeiro (radiación solar) continuando cos temas de solar fotovoltaica (temas II.III,IV,V) ase como a parte de solar térmica (temas VI,VII,VIII). A distribución na cualificación dos diferentes pesos correspondentes a cada unha das partes da proba, está suxeito o criterio do profesor, que os distribuirá tendo en conta os grados de dificultade. Dito criterio notificarase no momento de principiar a proba obxectiva.
35
 
Observacións avaliación

O alumno que decide seccionar o exame presentandose a proba obxetiva
(exame final 1ª parte) renuncia a realización dun único exame final.

As
probas obxectivas son liberatorias o acadar unha cualificación igual o
superior o 50% da cualificación máxima do exame.
As probas obxectivas Son compensatorias acadar unha cualificación
maiores o iguais o 35 % da cualificación máxima do exame.As partes
liberadas terán validez para as convocatorias dese ano académico.
Se o alumno optase por un único exame, a estructura da proba
obxectiva sería a mesma: parte teoría e parte problemas sendo o seu peso do 80%

No caso de organizarse saidas de campo sería obrigatorio a súa asistencia polo que non se contempla dispensa académica alguhna.
A parte porcentual na cualificación das saídas de campo e dun 10%. se
xurdise algún impedimento para facer total o parcialmente as saídas de
campo a porcentaxe da cualificación engadiríase equitativamente as dúas
probas obxectivas, o a única proba no caso de acordar un único exame.

Queda
a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun
20% a maiores das porcentaxes anteriormente citadas, a realización de actividades extracurriculares, propostas na area de
enxeñaría eléctrica de tematica vinculante ou afin a materia, ditas
actividades podrían consistir na, asistencia a conferencias, simposios
ou xornadas, realización
de prácticas de empresa,etc.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes