Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ENERXÍAS RENOVABLES
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A25 C1 C4 O traballo consiste na entrega de problemas nos prazos estipulados.
Ademais o alumno que acadando nota superior a 4 na convocatoria ordinaria de xaneiro ten a opción de realizar, defender e aprobar un miniproxecto conseguindo deste xeito unha cualificación apta na convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). Os alumnos con cualificación inferior a 4 puntos tamén poden realizar o miniproxecto podendo acadar coa presentación 1,5 puntos máximo que se engaden a nota da proba obxectiva 2ª oportunidade.
Miniproxecto que entregará nun prazo fixado polo profesor. É imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do miniproxecto.
Na presentación oral o alumno disporá de media hora como máximo. A defensa farase en modo audiencia pública para o resto dos compañeiros.
30
Proba mixta A25 No exame haberá preguntas de teoría en algunhas delas poden ter un formato no que se poida elixir unha de entre varias preguntas de teoría no caso de confinamento a parte de teoría será tipo test, na proba se terá que resolver un ou mais problemas cun peso semellante o da parte de teoría, a duración máxima da proba será de 4 horas.

A distribución dos pesos das diferentes partes das probas obxetivas faráse en función do grado de dificultade das partes. O mestre notificará dito criterio no intre de comezar a proba mixta.
70
 
Observacións avaliación

O alumno que decide presentarse a proba obxetiva
(exame final 1ª parte) renuncia a realización dun único exame final.


As probas obxectivas son liberatorias o acadar unha cualificación
igual o superior o 50% da cualificación máxima do exame.
As probas obxectivas son compensatorias o acadar unha cualificación
maior o igual o 35 % da cualificación máxima do exame. As partes
liberadas terán validez únicamente para as convocatorias dese ano
académico.

 Se o alumno optase por un único exame, a estructura da
proba obxectiva sería a mesma: parte teoría e parte problemas sendo o
seu peso do 50% aproximadamente

 No caso de organizarse e
obrigatorio a asistencia as visitas, non se contempla dispensa académica
alguna.

Queda a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun
20% a realización de actividades extracurriculares, propostas na area de
enxeñaría eléctrica de tematica vinculante ou afin a materia, ditas actividades
consistirían na, asistencia a conferencias, simposios ou xornadas, realización
de prácticas de empresa,etc. 

Na convocatoria 2ª oportunidade a
proba obxetiva vale o 80% no caso que o presentarse a avaliación por
parciais se o alumnado ten partes aprobadas se lle gardarán examinandose
da parte suspensa.

No caso de presentarse a convocatoria
adiantada, o peso da avaliación recaería na proba obxetiva mais teríase
en conta a asistencia e os problemas entregados ata a data da proba

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes