Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  MÉTODOS NUMÉRICOS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B7 C1 C4 C6 A asistencia a clase contabilízase como unha nota máis. A máxima cualificación alcánzase cando se asiste á totalidade das sesións presenciais (sesión maxistral, estudo de casos ou prácticas de laboratorio). 10
Prácticas de laboratorio A1 A3 C1 Avaliarase a solución que o alumno propoña para os problemas que se formulen en clase ou para traballo autónomo.
Para os alumnos que non poidan acudir de forma habitual ás clases esta parte da cualificación agregarase ao exame final.
20
Estudo de casos A1 B2 B5 B6 B7 C1 C4 C6 A metodoloxía de dinámica de grupos aplicada a esta parte da materia permitirá a avaliación de traballo de preparación da sesión por parte do alumno, así como que se derive da súa participación nos debates que se susciten na resolución do caso.
Para os alumnos que non poidan acudir de forma habitual ás clases esta parte da cualificación agregarase ao exame final.
10
Proba obxectiva A1 A3 B2 B6 B7 Representa o 60% da nota e esta, á súa vez componse dun 40% do exame de teoría e un 60% pola parte de práctica.
No caso dos alumnos que non fosen avaliados nos apartados anteriores, o exame final representa o 100% da nota, repartida en 40% teoría, 60% práctica.
60
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes