Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C6 C4 Proba escrita presencial.
Valorarase o coñecemento dos alumnos e a forma en que resolvan situacións e/ou problemas que se lles plantearán, relacionados coa materia.
Valorarase especialmente a claridade e precisión na resolución dos aspectos da proba.
70
Traballos tutelados A27 A26 B6 B7 B8 C4 Resolución de problemas prácticos relacionados coa teoría para facilitar a aplicación dos coñecementos ao deseño de reactores. 30
 
Observacións avaliación
A cualificación final de cada alumno será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se empregan na avaliación: solución de problemas e proba mixta.

Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos.

Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida nos traballos tutelados.

Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación final será de 4,5.

Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida nos traballos tutelados durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba mixta".

No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 19-20.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes