Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A27 B7 B8 C4 C6 Proba escrita presencial.
Valorarase o coñecemento dos alumnos e a forma en que resolvan situacións e/ou problemas que se lles plantearán, relacionados coa materia.
Valorarase especialmente a claridade e precisión na resolución dos aspectos da proba.
70
Solución de problemas A26 B4 B6 C4 Esta actividade consistirá na resolución y entrega por parte do alumno de 4 problemas entregados polo profesor. 30
 
Observacións avaliación
A cualificación final de cada alumno será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se empregan na avaliación: solución de problemas e proba mixta.

Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos.

Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida na solución de problemas.

Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación final será de 4,5.

Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida na solución de problemas durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba mixta".

No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 22-23.


Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación da proba mixta constituirá o 100% da cualificación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondinte, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Os alumnos que obteñan dispensa académica, ao ter as mesmas responsabilidades que os demais, terán que realizar as mesmas probas que o resto: deberán realizar as mesmas metodoloxías e serán avaliados da mesma forma. No caso de que estes alumnos tiveran problemas (previa xustificación documental suficiente) para a realización das probas, acordaranse novas datas para a súa realización.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes