Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  TECNOLOXÍA DOS COMBUSTIBLES
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Previamente ao comezo das exposicións teóricas poñerase a disposición dos alumnos a programación completa coa bibliografía básica para desenvolvela, tanto na Plataforma Moodle coma en copistería. Os temas que se consideran fundamentais, sobre todo para abordar os restantes, impartiranse pola profesora nas clases teóricas.
Saídas de campo Realizaranse visitas programadas a instalacións industriais nas que se leven a cabo actividades relacionadas cos temas desenvolvidos na docencia teórica. Como paso previo, expoñerase un resumo da actividade que realiza a industria/s a visitar, facendo fincapé na relación coa Tecnoloxía dos Combustibles en particular, así como con outros aspectos de interese como: seguridade e hixiene, produción, medio, prevención de riscos laborais, relacións humanas, etc.
Solución de problemas Proposición de problemas relacionados coas características dos combustibles, a combustión e a tecnoloxía de uso e doutra, que se formulan ao alumno para a súa valoración, comprensión e resolución. Os boletíns de problemas propostos expoñeranse en Moodle e copistería, abordándose a súa resolución en clases de lousa, seminarios..
Prácticas de laboratorio De acordo coa programación exposta en CONTIDOS, levaranse a cabo Prácticas Experimentais nas que os alumnos poidan comprobar e ampliar os coñecementos que sobre TC se expuxeron na parte teórica. Antes da realización do experimento procédese a unha explicación deste, facendo fincapé en factores de seguridade e hixiene no traballo, normativas aplicables, traballo en equipo, prevención de riscos laborais, etc.., e solucionando calquera dúbida previa ao desenvolvemento deste.
Realizados os traballos prácticos expoñeranse en Moodle e en copistería os resultados obtidos por cada grupo de traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes