Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  Industria Intelixente. IIoT
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral facendo uso profuso de medios audiovisuais e buscando a participación dos alumnos mediante a formulación de casos prácticos e a realización de preguntas, co fin de facilitar a aprendizaxe e fomentar o espírito crítico.
Prácticas de laboratorio Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación de sistemas de IoT.
Solución de problemas Como continuación das prácticas de laboratorio, solicitaranse tamén implementacións de determinados elementos de sistemas IoT pero, neste caso, a diferenza das prácticas, os enunciados estarán máis abertos e os alumnos terán que escoller entre varias alternativas. Ao finalizar, deberán presentar de forma breve (<=5') aos profesores e aos seus compañeiros as conclusións obtidas no proceso, os aspectos positivos e negativos das decisións de implementación tomadas.
Traballos tutelados Realización dun único traballo ao longo do cuadrimestre, exposto de forma incremental, realizado de forma autónoma e titorizado polos profesores, que implicará levar á práctica gran parte dos conceptos vistos nas sesións maxistrais. O traballo será realizado en grupo e os alumnos entregarán, en soporte informático, unha memoria e terán que realizar tamén unha presentación #ante o profesor e os seus compañeiros de clase.
Proba mixta Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita con preguntas moi breves e / ou de tipo test, coa finalidade de comprobar o afianzamento dos conceptos teóricos máis importantes vistos na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes