Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  Industria Intelixente. IIoT
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Prácticas de laboratorio: a atención personalizada nas prácticas consistirá en resolver as dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a súa realización.

Solución de problemas: de forma similar ao caso das prácticas, resolveranse dúbidas, pero aquí as respostas serán en ocasións menos directas, buscando a reflexión por parte do alumnado e fomentando a toma de decisións fundadas que ponderen convenientemente os pros e os contras.

Traballos tutelados: será necesario mostrar os avances que se vaian realizando para ofrecer a orientación adecuada, resolver dúbidas e asegurar a calidade do traballo. Estas titorías realizaranse en grupo e de forma presencial no despacho do profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes