Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Matemáticas 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Matemáticas 1 Código 730G05001
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Brozos Vázquez, Miguel
Correo electrónico
miguel.brozos.vazquez@udc.es
Profesorado
Brozos Vázquez, Miguel
Correo electrónico
miguel.brozos.vazquez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Nesta materia faise unha introdución á Álxebra linear e ao Cálculo diferencial e integral de funcións de unha variable.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías docentes mantéñense. *Metodoloxías docentes que se modifican Modifícase o carácter presencial polo non presencial e cámbiase o peso que terán a proba mixta e os traballos tutelados na avaliación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Como mecanismos preferentes de atención personalizada utilizaranse os seguintes: - Correo electrónico: aténdese diariamente. - Moodle: aténdese diariamente, especialmente os foros de dúbidas e discusión que se crean en cada tema. - Teams: utilízase para unha comunicación máis directa e úsase tanto en horario de titorías como solicitando unha cita para unha hora a convir. 4. Modificacións na avaliación Fronte a un posible escenario de non presencialidade, gañarán peso na avaliación os traballos tutelados, que serán realizados polo alumnado e expostos por Teams ante o profesor da materia. A proba mixta terá un peso inferior nun posible escenario de non presencialidade. A cuantificación deste peso dependerá do momento do cuadrimestre en que se suspenda a presencialidade e a que contidos afecta máis directamente. *Observacións de avaliación: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ás clases avaliarase coa entrega de traballos e nas probas mixtas nas mesmas condicións que o resto do alumnado. A avaliación na 2ª oportunidade seguirá os mesmos criterios que os da 1ª oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía As fontes de información fundamentais estarán dispoñibles na plataforma Moodle da materia. Mantéñense as recomendacións bibliográficas pero favorecerase o uso de materiais dispoñibles na rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes