Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio C1 • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte. Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito 5 prácticas.

• Non se admiten faltas non justificadas.

• A asistencia e realización de todas as practicas será puntuada sobre 10 e representará o 10 % da nota final.





10
Proba obxectiva A1 A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.

• A contribución desta proba á nota final será do 30 % da nota final.

• A proba constará dunha parte de teoría (T = 40 % da nota), unha de problemas (30 % da nota) e os exercicios entregados (30% da nota).

• A nota final de a proba será calculada como sigue:

NOTA (E1)=0.4T+0.3P+0.3E

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = 0.4T+0.3P+0.3E - 0.5

A calificaciòn indicada (21 % sobre o total) só inclúe a puntuación obtida na proba obxectiva (teoria+problemas). A valoracion dos 30 exercicios propostos indícase en apartado de solución de problemas (9 % do total).





21
Proba obxectiva A1 A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.

• A contribución desta proba á nota final será do 50 %, cinco puntos sobre dez.

• O sistema de puntuación será igual que o do apartado anterior.

• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.

• Na proba de segunda oportunidade, o alumno só terá que examinarse da parte que teña suspensa, mantendo a valoración obtida para as partes xa aprobadas e das prácticas de laboratorio.

A calificaciòn indicada (35 % sobre o total) só inclúe a puntuación obtida na proba obxectiva (teoria+problemas). A valoracion dos 35 exercicios propostos indícase en apartado de solución de problemas (15 % do total)
35
Sesión maxistral A2 B6 • A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria.

• Permítense un máximo de 5 faltas non xustificadas ao longo do curso.




10
Solución de problemas A1 B1 B2 B3 C1 • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria.

• Proporanse 65 exercicios (30+35) a resolver polos alumnos. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcinalmente comezando en 5 (80 % de exercicios ben resoltos) ata o 10 (100 % correctos)

• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.





24
 
Observacións avaliación

A nota final da materia deducirase da ecuación: Nota = 0.1* Prácticas + 0.1*Asistencia + 0.3*E1 + 0.5*E2
onde:
Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio.
Asistencia representa o número de asistencias do alumno/ total
E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
E2 representa a nota da proba obxectiva final

Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas.

Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría
utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación. Teranse en conta as seguintes subcompetencias:

  • Posúe coñecementos
    e conceptos sobre leis xerais


  • Analiza un problema,
    identifica magnitudes e a súa importancia relativa


  • Utiliza as
    ferramentas de análises e cálculo apropiadas


  • É capaz de analizar
    a coherencia do resultado


  • Obtén resultados
    numéricos sen erros


  • Expresa o resultado
    coas unidades de medida adecuadas


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes