Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Matemáticas 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 Proba escrita que se utiliza para a avaliación da aprendizaxe. A proba constará de tres partes, a primeira realizarase no periodo previsto para os exames parciais e incluirá os temas 1 e 2. Esta parte será eliminatoria e recuperable. A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais. O peso destas dúas partes será do 75% da nota final.
A terceira parte consistirá nunha proba relativa ao uso do programa de cálculo MAXIMA onde o alumno amose a súa capacidade para resolver problemas dos contidos da asignatura mediante o uso do programa. Esta proba non é recuperable: a nota obtida gardarase para a segunda oportunidade. O peso desta terceira parte será do 10% da nota final.
85
Aprendizaxe colaborativa A1 B3 B4 B5 B6 C2 C4 C5 Actividade que promove a aprendizaxe en grupo dunha parte da asignatura e que será avaliada cunha puntuación máxima dun 15% da nota final. Esta parte é eliminatoria e recuperable. A nota gardarase para a segunda oportunidade. 15
 
Observacións avaliación


Aclaracións sobre a avaliación:

  • Aprendizaxe colaborativa:  
             - No caso de ter un mínimo de 0.75 puntos nesta metodoloxía, o estudantado poderá facer ou non a parte relativa a esta actividade nos exames da primeira e segunda oportunidade. 
  • Proba obxectiva:

        -  No caso de ter un mínimo do 50% na nota da primeira parte (temas 1 e 2) na proba obxectiva parcial, o estudantado poderá elixir se facer ou non os exercicios relativos a esta parte na proba obxectiva final. 

        - O estudantado debe acadar un mínimo do 40% da nota relativa á última parte (temas 4 e 5) para superar a materia.


As cualificacións obtidas na proba parcial e na actividade colaborativa conservaranse ata a segunda oportunidade
da avaliación en caso de obter alo menos a metade da puntuación total.  Isto aplícase a cada unha delas independentemente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes