Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Matemáticas 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 Proba escrita que se utiliza para a avaliación da aprendizaxe. A proba constará de catro partes, a primeira realizarase no periodo previsto para os exames parciais e incluirá os temas 1 e 2. Esta parte será eliminatoria e recuperable e terá un peso do 40% da nota final. A segunda parte desenvolverase ó longo do curso mediante a elaboración de traballos en grupos, sobre os que as alumnas e alumnos serán avaliados mediante unha proba que avalíe as competencias adquiridas. Esta parte terá un 15% do peso da nota final. A terceira parte realizarase no periodo usual de exames finais e permitirá avaliarse das partes primeira, segunda e terceira. O seu peso total é do 90%.
A cuarta parte consistirá nunha proba relativa ao uso do programa de cálculo MAXIMA onde o alumno amose a súa capacidade para resolver problemas dos contidos da asignatura mediante o uso do programa. Esta proba non é recuperable: a nota obtida gardarase para a segunda oportunidade. O peso desta terceira parte será do 10% da nota final.
100
 
Observacións avaliación


Aclaracións sobre a avaliación:

  • Primeira parte: avaliarase sobre 4 puntos, no caso de ter un mínimo de 2 puntos nesta parte, o estudantado poderá facer ou non a parte relativa correspondente nos exames da primeira e segunda oportunidade. 
  • Segunda parte: avaliarase sobre 1,5 puntos. No caso de ter un mínimo de 0.75 puntos, o estudantado poderá facer ou non a parte relativa correspondente nos exames de primeira e segunda oportunidade.

  • Terceira parte:

        -  No caso de ter un mínimo do 50% na nota da primeira parte (temas 1 e 2) ou da segunda parte (tema 3) nas avaliacións correspondentes, o estudantado poderá elixir se facer ou non os exercicios relativos a estas partes na proba obxectiva final.                                                                                                                 

              - O estudantado avaliarase necesariamente dos temas 4 e 5 na proba final. Ademais debe acadar un mínimo do 40% da nota relativa á última parte (temas 4 e 5) para superar a materia.

As cualificacións obtidas na primeira parte na proba parcial e na segunda parte na avaliación correspondente conservaranse ata a segunda oportunidade
da avaliación en caso de obter alo menos a metade da puntuación total.  Isto aplícase a cada unha delas independentemente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes