Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Organización e xestión da empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 B1 C4 Proba escritas, tanto de teoría como de práctica, a desenvolver durante o curso
70
Traballos tutelados B2 B3 B6 C3 C7 Traballo ou traballos tutelados a desenvolver polo alumno durante o curso. Poderase requerir a exposición dalgún traballo. 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua:
    como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (70%), contidos do traballo tutelado (30%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou superior a 4 puntos para facer media cos traballos tutelados.
  • Avaliación non continua:
    exame final (80%), contidos do traballo tutelado (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avliación continua.

A materia dividese en duas partes: bloques I e II e bloques III e IV. Requirese aprobar ambas partes.

Realizarase un ou dous parcias. No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria e/ou extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes