Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Ciencia e enxeñaría dos materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 B3 C2 C5 Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases de problemas terán 0,2 puntos sobre 10 na nota final 2
Sesión maxistral A8 B1 B2 C4 C5 C6 Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases de teoría terán 0,3 puntos sobre 10 na nota final 3
Prácticas de laboratorio A8 B2 B3 B5 C1 C7 É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio e a entrega do cuestionario de laboratorio debidamente cumprimentado para aprobar a materia. 0
Proba obxectiva A8 B1 B2 B3 C4 Poderanse facer exames parciais que terán carácter liberatorio para as convocatorias do curso presente.
Os exames constarán de dous partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos e preguntas relacionadas coas clases prácticas de laboratorio.
As partes de Problemas e de Teoría teñen unha ponderación do 40% e 60%, respectivamente. Para ter opción ao aprobado na cualificación final ningunha delas debe ser inferior a 5,0 puntos.
75
Traballos tutelados A8 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C5 C6 Trátase de traballos en grupo, onde cada grupo realizará un traballo sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais. Este traballo contabilízase como o 20% da nota total. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a prácticas de laboratorio de obrigatoria para aprobar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes