Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Automatismos. control e electrónica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A10 A11 C1 O profesor propondrá conxuntos de problemas para resolver na casa e comentar nas clases, onde se calificarán. 20
Proba de resposta múltiple A10 A11 B6 Realizaranse dúas probas de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, unha con cada parcial. 10
Presentación oral A10 A11 B1 B2 B3 B6 C2 C4 C5 Exposición audiovisual dun tema ou parte dun mesmo, cunha información previamente recompilada polo alumno utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa.

A nota obtida na Presentación oral, non se garda para o curso seguinte.
7
Prácticas a través de TIC A3 A10 A11 B2 B6 C4 C1 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte.
15
Prácticas de laboratorio A3 A10 A11 A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final).

Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 2 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas.

O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia.

A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte.
8
Proba obxectiva A11 C2 C5 As probas obxectivas escritas teñen o obxectivo de comprobar se o alumno/a adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia.

Realizaranse un primeiro parcial durante o curso e un segundo parcial, dentro do exame final. Cada parcial valerá 25 puntos máximo, (terá 20 puntos de proba obxectiva, máis 5 puntos dunha proba de resposta múltiple).

Os que suspendesen o primeiro parcial, terán que recuperalo no exame final.

O exame de Xullo terá a mesma estrutura.

Se algún alumno aproba algún dos dous parciais, durante o curso ou en Xuño, pero non aproba a materia, ese parcial gárdase para Xullo.

Os parciais non se gardan para o curso seguinte.
40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e Proba obxectiva, a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

    Que se realizaron e aprobado as Prácticas de laboratorio e polo menos una das seguintes:

Que se aprobou (puntuación mínima 17,5) o primeiro exame parcial.

Que se aprobou (puntuación mínima 17,5) o segundo exame parcial.

Se se cumpre que a puntuación obtida en cada un dos parciais é maior ou igual que 14 puntos; que a suma de todas as notas sexa maior ou igual que 50 puntos.

Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento  de dedicación  a tempo parcial      e dispensa  académica de exención de asistencia, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade.

Para axudar á superación da mesma, o profesor achegaralles unhas adendas complementarias aos guións das prácticas, cunha mellor comprensión das mesmas e facilitar a preparación do citado exame.

O mesmo é aplicable para a segunda oportunidad

e.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes