Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 C2 C5 É unha proba escrita que consta de 2 partes, teoría (40%) e problemas (60%).
A proba de teoría constará de unhas 5 cuestións de diversa amplitude e grao de concreción sobre os contidos do programa. A proba de tipo práctico consistirá na resolución de 1 a 3 problemas de diverso grao de complexidade sobre os contidos do programa.
Na parte de teoría valóranse a exposición razoada dos fundamentos teóricos da materia e a súa aplicación a cuestións concretas.
Na parte de problemas valórase tanto a formulación como o desenvolvemento da solución.
Cada parte terá unha duración aproximada de 1.5 a 2.5 horas, e a proba en total terá unha duración máxima de 4 horas.



80
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 C1 C2 C5 O traballo será de carácter individual polo que se premiará a orixinalidade e penalizarase a copia dos resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
O alumnado matriculado a tempo parcial deberá poñerse en contacto coa profesora para concertar as titorías correspondentes.
20
 
Observacións avaliación

Soamente serán cualificados
como NON PRESENTADO os alumnos que non concorran ao exame.

O bloque constituído  "Eventos Científicos e/ou divulgativos"  e "Traballos tutelados" considérase parte das actividades para a avaliación continua e, en conxunto, contribuirán ao  20% na avaliación global da materia.

O alumnado matriculado a tempo parcial deberá poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o calendario de titorías obrigatorias a fin de desenvolver o traballo tutelado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes