Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B5 C4 A asistencia e realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria.

Cada alumno deberá realizar, tamén obrigatoriamente, unha memoria de prácticas por cada sesión de laboratorio.

A nota conxunta das memorias terá que ser de 5 sobre 10 para que as prácticas estean aprobadas.

As memorias serán individuais

As memorias incompletas o fora de prazo serán consideradas como prácticas non realizadas.

As prácticas conservaranse durante os dous cursos seguintes ao de realización sempre que o alumno teña entregadas as memorias completas nos plazos marcados.
10
Proba obxectiva A7 B2 B5 B6 C4 Realizarase unha proba a metade do curso e outra ao final.

Cada unha das probas poderá constar de varias partes que poderán incluir cuestións de teoría, exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase, e problemas lungos.

Se a nota da primeira proba é superior a 4 sobre 10 poderase liberar a primeira parte da materia para o exame final. Neste caso, ponderaranse ambas as probas ao 50%. A liberación da materia extenderase até a proba da convocatoria extraordinariade xullo do mesmo ano.

No caso de que a primeira parte da materia esté liberada, para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 4 sobre 10 na nota de cada proba, e polo menos un 5 sobre 10 no promedio das notas das probas mixtas.

A segunda proba mixta farase coincidir co exame final, no que os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente á primeira proba mixta, examinaranse de toda a materia. Neste caso para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 sobre 10.
90
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes