Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Hidrostática e estabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 B2 B3 B6 C1 C6 ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO.

Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e de francobordo dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos.

A realización e entrega da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.

Os detalles das datas/prazos dos estudos publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.

Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos traballos aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos.

A memoria do estudo dos cálculos de estabilidade valorarase do 0 ó 0.5, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da Parte 1 da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4.

A memoria do estudo dos cálculos de francobordo valorarase do 0 ó 0.5, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da Parte 3 da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4.
5
Prácticas de laboratorio A18 B1 B2 B3 B6 C1 C4 REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO

Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as caracterísitcas do rosca do buque que se estuda.

A asistencia presencial as prácticas no laboratorio, así como a realización da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.

Os detalles das datas/prazos das prácticas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.

Aqueles alumnos con dispensa de asistencia que non poidan acudir a sesión presencial de prácticas, farán xunto co exame final da asignatura un exame de prácticas que terá a mesma contribución á cualificación final que estas prácticas de laboratorio, e sendo preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no mesmo para superar a asignatura.

Estas prácticas deberán de realizalas todolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non as aprobaran en cursos anteriores. Aqueles coas prácticas aprobadas de cursos anteriores e que desexen non realizalas no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondiente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilas para obter unha nova cualificación na mesma.

A memoria de prácticas valorarase do 0 ó 0.5, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da Parte 2 da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4.


2.5
Solución de problemas A18 B1 B2 B3 C4 RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA.

O profesor proporá un boletín de problemas de cada unha das tres partes da asignatura, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos.

A realización e entrega das memorias é obrigatoria para poder superar a asignatura.

Os detalles das datas/prazos dos problemas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.

Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos problemas aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos.

A memoria dos problemas de cada unha das partes valorarase do 0 ó 1, e a nota obtida engadirase á nota obtida na proba obxectiva da parte correspondente da asignatura, sempre e cando a nota da proba obxectiva supere o 4.

No caso de que non se planificase a entrega da memoria de problemas dalguna das partes da asignatura (o que será indicado durante o curso nas clases presenciais e na plataforma Moodle), non se terá en conta a nota adicional correspondiente a memoria de problemas desa parte.
7.5
Proba obxectiva A18 B1 B2 B3 PROBAS INDIVIDUAIS PARA DETERMINAR SI SE CUMPLEN OS OBXECTIVOS DOS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS A PARTIRES DAS SESIÓNS MAXISTRAIS E DO RESTO DOS TRABALLOS PREVISTOS AO LONGO DO CURSO

Farase unha proba obxectiva que consistirá nun exame que se dividirá en tres partes:

1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías, 3.- Francobordo e Arqueo.

Cada unha destas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas.

Para poder aprobar a materia haberá que obter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das tres partes antes citadas. Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e de Problemas, e tendo en conta que é necesario obter máis dun 4 (sobre 10) tanto en teoría como en problemas para superar cada parte da materia.

A parte de Teoría terá unha valoración do 35 % ou o 40 % do total e a de problemas o 65 % ou o 60 % do total, en cada unha de esas partes antes citadas, a definir polo profesor na mesma proba obxectiva.

A valoración de cada unha de esas partes será:

1.- 50 % do total
2.- 32,5 % do total
3.- 17,5 % do total.

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SÓ SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.
85
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno obterase mediante a media ponderada de cada unha das tres partes da asigntura, do xeito seguinte:

Cualificación final = 0.5 * Cualificación Parte 1 + 0.325 * Cualificación Parte 2 + 0.175 * Cualificación Parte 3

Para superar a asigntura, a Cualificación final deberá superar os 5 PUNTOS, e a nota de cada unha das probas obxetivas de cada unha das tres partes deberá superar os 4 PUNTOS. Asimesmo, deberá obterse en cada exame de Teoría e de Problemas, de cada unha das tres partes, alo menos 4 PUNTOS.

A cualificación de cada unha das tres partes da asigntura obterase do seguinte modo:

Cualificación Parte 1 = Proba obxectiva Parte 1 (máx. 10 puntos) + Solución Problemas Parte 1 (máx. 1 puntos) + Estudo de Casos (cálculo estabilidade) (máx. 0.5 puntos)

Cualificación Parte 2 = Proba obxectiva Parte 2 (máx. 10 puntos) + Solución Problemas Parte 2 (máx. 1 puntos) + Prácticas de Laboratorio (experiencia estabilidade) (máx. 0.5 puntos)

Cualificación Parte 3 = Proba obxectiva Parte 3 (máx. 10 puntos) + Solución Problemas Parte 3 (máx. 1 puntos) + Estudo de Casos (cálculos de francobordo) (máx. 0.5 puntos)

A cualificación máxima a obter en cada unha das tres partes é de 10 puntos.

Todos aqueles alumnos que se presenten ás convocatorias adiantadas ou
de segunda oportunidade, deberán ter entregado, durante o curso
actual ou con anterioridade, tanto os problemas, como as prácticas de
laboratorio e os estudos de casos, cumplindo cos mismos requisitos
que os alumnos presentados na convocatoria ordinaria.

Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa

Respecto a asistencia ás prácticas de laboratorio, os alumnos con dispensa poderán acordar co profesor unha data alternativa para a realización das devanditas practicas que se adapte as súas necesidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes