Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Vibracións e ruídos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 A puntuación asignada ós estudos de casos, suporá un 10 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura, tanto no traballo como na posible defensa oral.

No caso de que non se programe a presentación oral destos estudos de casos, a puntuación deste apartado incrementarase ata ó 20%.
10
Traballos tutelados A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 A puntuación asignada ao traballo tutelado de análise dinámica, supoñerá un máximo dun 20 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura, tanto no traballo como na posible defensa oral.
20
Presentación oral B4 A cualificación da presentación oral dos estudos de casos, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, supoñerá un máximo dun 10 % da nota final.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota dos estudos de casos incrementarase ata ó 20%.



10
Proba obxectiva A16
Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, podendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso.

A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 60 % da nota final do alumno. Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.
60
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia as clases non se evalúa na asignatura, os
requisitos que terán
que cumprir aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase , tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos
requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser
necesaria a realización da presentación oral dos estudos de casos. Polo
tanto, neste caso, a puntuación asignada ao apartado de "Estudo de
casos" será dun 20 % do total da cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes