Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mantemento e reparación de buques
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consiste na exposición oral dos conceptos básicos de cada tema, facendo especial fincapé naqueles puntos que son básicos para a comprensión do mesmo.
Co fin de transmitir o coñecemento e facilitar a aprendizaxe usaremos medios audiovisuais e introduciremos algunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Solución de problemas Resolución de problemas prácticos dalgúns dos temas nos que se divide a materia, que serán realizados tanto polo profesor como polos alumnos, nas sesións presenciais.
Traballos tutelados Ao longo do curso propoñerase un traballo individual así como diversas discusións dirixidas. Estas tarefas son obrigatorias e é imprescindible a súa realización e a súa presentación pública para superar a materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia.
Os detalles de dáta/prazos dos traballos/practicas/defensas publicaranse na web (Moodle) da materia e faranse públicas nas clases presenciais.
Proba obxectiva Para a avaliación dos coñecementos adquiridos, realizarase unha proba obxectiva que consistirá nun exame, composto basicamente de resolución de problemas e respostas a cuestións de teoría.

Este exame dividirase en dous partes:

1.- Mantemento 2.- Reparacións Navais

A parte de Mantemento dividirase en teoría e problemas e a parte de Reparacións Navais será só de teoría.
Saídas de campo En función do desenvolvemento do curso podería realizarse unha visita a empresas, estaleiros ou buques para familiarizarse coas actividades relacionadas coa materia
Prácticas a través de TIC As titorías personalizadas poderían realizarse a través de skype previo acordo co profesor
Presentación oral Presentación oral dos traballos tutelados fronte ao resto de alumnos e do profesor da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes