Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mantemento e reparación de buques
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 C7 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos en clase.
Terase en conta:
- Estrutura do traballo.
- Calidade da documentación.
- Orixinalidade.
- Presentación.
- Exposición.
- Referencias
25
Proba obxectiva B2 B6 Realización dunha proba na que o alumno reflicte os coñecementos adquiridos durante o curso 60
Saídas de campo C2 C5 Tamén ten en conta a avaliación continua e outro tipo de actividades 5
Presentación oral B4 Atenderase á capacidade do alumno para presentar en público, a súa capacidade de síntese, e o seu dominio da materia presentada 10
 
Observacións avaliación

Na 1ª oportunidade: A avaliación realizarase en función das Metodoloxías
expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e
será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter
ningunha nota inferior a 4 en ningunha das metodoloxías, ademais de ter unha
asistencia ás actividades presenciais superior ao 80%.

Na 2ª oportunidade ou Alumnos con Dispensa
Académica
: Realizarase
mediante unha proba selectiva presencial que engloba os contidos teóricos e
prácticos desenvolvidos na materia. 

Nota:

O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó
inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao
na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e
8b). 

O alumnado nesta situación será avaliado
mediante unha proba obxectiva na mesma data que o resto de alumnos ou ben en
data aprobada na Xunta de Escola. En calquera caso é condición necesaria para
todos os alumnos a asistencia e superación das prácticas e traballos
obrigatorios da materia. A non superación dos mesmos impide presentarse ao
exame final da materia durante o presente curso académico, tanto en primeira
como en segunda oportunidade. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes