Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Sistemas hidráulicos e neumáticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A35 B2 B3 B4 B6 C4 Integra probas obxectivas e/ou solución de problemas prácticos na materia e nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio. 75
Prácticas de laboratorio A35 B2 B3 B4 B6 C1 Sobre as tecnoloxía hidráulica e neumática e a súa aplicación na construcción naval. 5
Traballos tutelados A35 B2 B3 B4 C1 C4 Consistente en traballos autónomos do estudante sobre diferentes contidos tanto teóricos como prácticos (incluidos os referidos as Prácticas no laboratorio). 20
 
Observacións avaliación

Na 1º oportunidade:

A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizásese con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar: non ter ningunha nota inferior a 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades prácticas de polo menos o 80%.



Na 2 oportunidade ou nos Alumnos con Dispensa académica ou nas Convocatorias extraordinarias:  

Realizarase con dúas probas selectivas: unha proba mixta que engloba tres módulos, teoría, simboloxía e problemas, e unha proba de solución de problemas prácticos no Laboratorio. Esta última, fundamentarase na parte práctica da materia ou nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio. A cualificación de cada unha dos módulos realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación non ter unha nota en calquera dos módulos inferior a 3,5. A nota final será:

(0,27 * Módulo Teoría + 0,16 * Simboloxía+ 0,27 * Módulo Problema+0,30 Módulo Práctico)/(Número notas inferiores que 3,5 + 1)

Notas:

  1. Os sistemas de avaliación fundaméntase no establecido na Memoria de verificación
  2. Na
    realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
    incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
    procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
    causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
    responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
    correspondente procedemento.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes