Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  EXPRESION GRAFICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C1 C4 C5 Durante as clases teóricas e de CAD, cada semana proporase unha lámina ou traballo para realizar durante as horas de clase. Estas láminas entréganse e corríxense. Quen realizase o 100 % dos traballos propostos e obtenga unha cualificación de 5.0 ou máis pode liberar a parte correspondente (teoría ou problemas).
Pódese faltar á realización dalgunha práctica en casos debidamente xustificados.
100
 
Observacións avaliación

Como se indicou na descripción das Metodoloxías, é posible superar a materia unicamente mediante a Solución de problemas que ten un valor do100 % na nota final. No caso de realizar a proba obxectiva, o peso desta nanota final é do 100 %.

Na calificación final, a nota de CAD constitúe o 30% do total e a teoría o 70%, aínda que compre ter aprobadas cada unha das partes.

No caso dos alumnos con dispensa académica a avaliación realizarase coa proba obxectiva que será obrigatoria.

Na segunda oportunidade a avaliación realizarase do mesmo xeito que na primeira.

A avaliación na convocatoria adiantada realizarase mediante unha proba obxectiva que terá un valor do 100% da nota.

A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación implicará directamente a calificación de suspenso 0 na materia na convocatoria correspondente, invalidando deste xeito toda outra calificación obtida nas actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes