Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  TECNOLOXÍAS DE FABRICACIÓN
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
EXPRESION GRAFICA/730G03002
FÍSICA I/730G03003
FÍSICA II/730G03009
CIENCIA DOS MATERIAIS/730G03007
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1.  Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2.  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3.  De se realizar en papel:

-  Non se empregarán plásticos.

-  Realizaranse impresións a dobre cara.

-  Empregarase papel reciclado.

-  Evitarase a impresión de borradores.

 

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de  ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6.  Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7.   Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes