Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Examen final da materia 70
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Entrega e presentación dun traballo proposto polo profesor. 30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade e Convocatoria Adiantada

Para os alumnos tanto de primeira como de
segunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicado
na táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada.

O alumno que presentase e aprobase a parte de traballos tutelados pero
non superase a materia poderá conservar a nota dos traballos tutelados
só no curso inmediatamente posterior. O alumno pode decidir repetir o
traballo, o que deberá ser comunicado ao comezo do curso aos profesores
da materia.

Cualificación '"Non presentado"

Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da escola. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa
situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC"
(Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e
8b).

O sistema de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o
seguinte: proba mixta (70%) e traballos tutelados (30%).

Información adicional

De acordo con o artigo 11, apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, o comportamento fraudulento en cualquera
dos apartados sometidos a avaliación supoñerá a cualificación de
"Suspenso (0)" na avaliación final tanto na primeira como na segunda
oportunidade e independentemente da oportunidade na que se cometese a
falta.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes