Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Hidráulica e Pneumática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B5 B7 B8 B9 C6 Desenvolver e solventar problemas dos sistemas hidráulicos e pneumáticos industriais 20
Traballos tutelados B5 B8 C6 Consiste na realización de Traballos relacionados cos contidos e parte práctica da materia 40
Proba mixta B5 Fundaméntase nos contidos teóricos e prácticos da materia (incluídos a prácticas de laboratorio) 20
Prácticas de laboratorio B5 B8 C6 Consiste na participación e realización das Prácticas de laboratorio. 20
 
Observacións avaliación

Na 1º oportunidade:

A cualificación das metodoloxías realizásese con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación non ter ningunha nota inferior a 3,5 nos Traballos Tutelados e Prácticas de Laboratorio e ter unha asistencia ás actividades presenciais de polo menos o 80%. 

2º oportunidade ou Dispensa académica ou nas Convocatorias extraordinarias

Realizarase con dúas probas selectivas: unha proba mixta que engloba tres módulos, teoría, simboloxía e problemas; e unha proba de solución de problemas prácticos no Laboratorio. Esta última, fundamentarase na parte práctica da materia ou nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio. A cualificación de cada unha dos módulos realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación non ter unha nota en calquera dos módulos inferior a 3,5. A nota final será:

 (0,25 * Módulo Teoría + 0,15 * Simboloxía+ 0,25 * Módulo Problema+0,35 Módulo Práctico)/(Número notas inferiores que 3,5 + 1)

Notas:

  1. Os sistemas de avaliación fundaméntase no establecido na
    Memoria de verificación.
  2. Na
    realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
    incluiodo aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da sua
    procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
    causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
    responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
    correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes