Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A27 B7 B8 C4 C6 Proba escrita presencial.
Valorarase o coñecemento dos alumnos e a forma en que resolvan situacións e/ou problemas que se lles plantearán, relacionados coa materia.
Valorarase especialmente a claridade e precisión na resolución dos aspectos da proba.
70
Solución de problemas A26 B4 B6 C4 Esta actividade consistirá na resolución y entrega por parte do alumno de 4 problemas entregados polo profesor. 30
 
Observacións avaliación

A cualificación final de cada alumno será o resultado da
ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se
empregan na avaliación: solución de problemas e proba mixta.



Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada
igual ou superior a 5 puntos.



Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario
obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa
cualificación obtida na solución de problemas.



Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou
superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación
final será de 4,5.



Na segunda oportunidade a avaliación da proba mixta constituirá o
100% da cualificación.



No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a
materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de
cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás
actividades deste curso 23-24.



Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación da proba mixta
constituirá o 100% da cualificación.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondinte, invalidando así calquera cualificación obtida en
toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.



Os alumnos que obteñan dispensa académica, ao ter as mesmas
responsabilidades que os demais, terán que realizar as mesmas probas que o
resto: deberán realizar as mesmas metodoloxías e serán avaliados da mesma
forma. No caso de que estes alumnos tiveran problemas (previa xustificación
documental suficiente) para a realización das probas, acordaranse novas datas
para a súa realización.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes