Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Vibracións e ruídos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 B2 B4 B6 C1 C4 C6 C7 A puntuación asignada ao traballo tutelado suporá un máximo dun 30 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura. Nese caso, a cualificación da defensa oral será dun 5 %, mentres que a do traballo tutelado será do 25 %.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a materia, tanto no traballo como na posible defensa oral.
30
Proba mixta A16 B2 B6 C4 C7
Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, puidendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso.

A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 70 % da nota final do alumno.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a materia
70
 
Observacións avaliación

Se o alumnado non supera a proba mixta na primeira oportunidade, a nota correspondente ao traballo tutelado manterase para a segunda oportunidade. Ademais, na segunda oportunidade, poderase presentar o traballo tutelado, se non se presentou con anterioridade.

Para aquel alumnado que desexe presentarse á convocatoria adiantada a nota da proba mixta terá un peso do 100%, e non será necesaria a presentación do traballo tutelado.

Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitos que aquel alumnado con dispensa de asistencia a clase terá que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade e na adiantada, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado. Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán responder a unha serie de preguntas sobre o traballo tutelado, que contabilizarán cun 5 % do total.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes