Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Ciencia de Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A14 B1 As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, e imprescindibles para poder aprobar a materia.
O alumnado que asistise ás prácticas en cursos previos non deberá volver a asistir, pero sí deberá repetir a avaliación das mesmas. Esta faráse conxuntamente con cada unha das probas obxectivas programadas para o curso.
A cualificación obtida na avaliación de prácticas realizada na data fixada para a primeira oportunidade poderá gardarse para a segunda oprortunidade, pero aquel alumnado que opte por presentarse a avaliación de prácticas na segunda oportunidade, renunciará a cualificación obtida previamente.
15
Obradoiro A14 B7 A presentación e defensa do traballo monográfico e obrigatorio para poder superar a materia. A calificación do traballo suporá un 15 % da nota final. 15
Proba obxectiva A14 B2 B4 C1 Poderanse facer exames parciais que terán carácter liberatorio para as convocatorias do curso presente a condición de que a cualificación sexa igual ou superior a 5.0.
Os exames constarán de duas partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos.
As partes de Problemas e de Teoría teñen unha ponderación do 50% e 50%, respectivamente, sobre a nota final. A cualificación final será a media aritmética de ambas as partes, a condición de que ningunha delas sexa inferior a 4,0 puntos. Cando nalgunha das partes do exame a nota obtida fose inferior a 3,0 puntos sobre 10, a calificación final da materia, ponderadas todas as actividades, non poderá ser superior a 3,0.
70
 
Observacións avaliación

As
sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, e imprescindibles
para poder aprobar a materia. A non asistencia inxustificada a unha ou máis das
sesión de laboratorio implicará unha calificación final de Non Presentado.

A
non presentación de traballo implicará unha calificación final de Non
Presentado.

No
caso de celebrarse exames parciais, a condición necesaria para poder
presentarse ós mesmos fixarase no momento da súa convocatoria.

Cando
nalgunha das partes da proba mixta (teoría ou problemas) a nota obtida fose
inferior a 3,0 puntos sobre 10 non se fará media entre elas, e a calificación
final da materia, ponderadas todas as actividades, non poderá ser superior a
3,0.

O
alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das actividades
obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

O
sistema de avaliación na segunda oportunidade manterase igual ao da primeira
oportunidade.

CONVOCATORIA
ADIANTADA

Nesta
convocatoria a avaliación constará de dúas partes:


  • Unha proba mixta de
    características similares e iguais requisitos de superación que a definida
    para primeira e segunda oportunidade cunha ponderación na calificación
    final do 70 %.

  • Unha proba de prácticas
    cunha ponderación do 30 % na calificación final

Para poder
superar a materia será imprescindible obter un 5,0 sobre 10 en cada unha das
partes. En caso de non cumprirse este requisito a cualificación final da
materia non poderá superar o 3,0.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará implicará que o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes