Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Electrónica Analóxica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Electricidade/770G01013
Fundamentos de Automática/770G01017
Fundamentos de Electrónica/770G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de

imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

-Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos

sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da

sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia

universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase

linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,

propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase

na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse

accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,

psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario

e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes