Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Automatización I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía. A avaliación realizarase mediante defensa do traballo realizado coas estacións da célula de fabricación flexible e nos exames das convocatorias oficiais mediante unha proba similar as actividades realizadas durante as clases. 40
Proba mixta A31 A34 B1 B2 B5 Corresponderá ben a unha proba de avaliación ao final do cuadrimestre, ben a probas repartidas ao longo do cuadrimestre, que englobarán todos os aspectos da materia tanto teóricos como prácticos e de resolución de problemas.
Poden constar de cuestións teórico-prácticas, exercicios escritos e exercicios de programación.
60
 
Observacións avaliación

As calificacións das tareas evaluables serán válidas só para o curso académico no que se realicen. 

En xeral faranse durante o curso duas probas mixtas:

Primeira proba: unha vez explicados os 6 primeiros temas.

Segunda proba:  coincidindo co exame final en xaneiro.

1ª oportunidade

A nota final calcularase, en xeral, como:

Nota Final =0,45 x Nota proba mixta 1 + 0,15 x Nota proba mixta 2 + 0,3 x Proba Prácticas + 0,1 x Defensa prácticas estaciones

Aqueles estudantes que non tivesen calificación na primeira proba mixta, ou ben, acadasen unha calificación moi baixa poden optar a realizar a 2ª proba mixta cun peso do 60% (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:

Nota Final=0,6 x Nota proba mixta 2 +0,3 x Nota Proba Prácticas+ 0,1 x Defensa prácticas estacións

2ª oportunidade

Realizarase unha proba mixta con exercicios escritos e de programación (60%), un exercicio de programación basado nas prácticas de laboratorio (30%) e manténse a nota obtida na defensa das prácticas (10%).

Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas ás obligatorias e presenciais.

O alumnado de convocatoria adiantada evaluarase a través dunha proba mixta e proba práctica cuxa puntuación representará o 100 % da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes