Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  BIM e Edificios Intelixentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A34 B4 B5 B6 C2 Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible.

Na parte da materia relativa a BIM as prácticas realizaranse en aula informática, co programa REVIT.
65
Traballos tutelados A9 A34 B4 B5 B6 C2 C5 Realización de traballos individuais. 35
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Da cordo con o Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC, no caso de
que o alumno/a cometa unha falta disciplinaria na materia o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a
súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

As situacións
especiais do alumnado que, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
exención académica de asistencia ou por outras causas debidamente xustificadas,
non poidan cursar a materia presencialmente, deberán ser comunicadas ao inicio
do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas
para que o alumno siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías
presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación.

Os criterios de
valoración serán idénticos en ambas as ocasións da convocatoria.

Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia.

BIM: A nota resultará da cualificación das prácticas correspondentes aos tres primeiros temas do contido da materia. 

EDIFICIOS INTELIGENTES: A avaluación incluirá un traballo ("Traballos tutelados", 70%) e "Prácticas de laboratorio" (30%). Para a segunda oportunidad non haberá un segundo prazo de entrega de traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes