Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Créditos de libre elección
  Fundamentos de Automática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 B7 C1 C5 Avaliarase a adquisición de habilidades desenvolvidas durante as mesmas. Representan o 10% da materia. 10
Proba obxectiva A3 A17 B1 B2 B4 B5 C1 C2 C5 Consistirá na resolución de cuestións teórico-prácticas, exercicios e problemas. Esta proba representa o 70% da nota final do curso. 70
Solución de problemas A4 A31 B3 Proporanse exercicios ou problemas, cuxa resolución pode ser presencial ou como tarefa proposta a través da secretaria virtual. Esta metodoloxía representa o 20% da nota final do curso 20
 
Observacións avaliación
  • As prácticas de laboratorio son obrigatorias e a súa nota será válida para dous cursos: o actual e o seguinte.
  • A cualificación final do curso será a suma das cualificacións das distintas metodoloxías e será necesario obter polo menos unha puntuación de 28 puntos sobre 70 na proba obxectiva. Para aprobar o curso requirirase un mínimo de 50 puntos.
  • No exame correspondente á segunda oportunidade só se realizará a proba obxectiva e manteranse as cualificacións obtidas nas restantes metodoloxías.
  • No exame correspondente á convocatoria anticipada (extraordinario), só se realizará a proba obxectiva, que representará o 100% da nota final.

  • Os estudantes con exención de asistencia á clase deberán demostrar a adquisición de habilidades e coñecementos mediante probas adicionais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes