Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Circuitos Eléctricos de Potencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 B1
Ao final do cuadrimestre e nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizarase a proba obxectiva final.

A proba obxectiva constará dun máximo de 10 preguntas sobre problemas e cuestións conceptuais teóricas.

Esta proba obxectiva representa o 70% da nota final da materia.
70
Solución de problemas A29 B4 B5 Resolución de exercicios propostos e participación activa na aula. Interese e actitude do alumno.

A solución de problemas poderá ser o 15% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 4.0 puntos sobre 10.0 puntos.
15
Prácticas de laboratorio A29 B4 B5 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia e imprescindible superalas para poder aprobar a materia

As prácticas de laboratorio poderán ser o 15% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 4.0 puntos sobre 10.0 puntos.
15
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, que contribúen á nota final do alumno, serán cualificadas sobre 10.0 puntos.

Para poder sumar os puntos das actividades denominadas como Solución de problemas" e "Prácticas de laboratorio", na nota da "Proba obxectiva" o alumno terá que ter alcanzado un mínimo de 4.0 puntos.

Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.

Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.

O
alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das actividades
obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará implicará que o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes