Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano.
  A2 Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
  A3 Comprender a morfoloxía e a fisioloxía dos microorganismos e os parasitos.
  A4 Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
  A5 Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
  A6 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
  A7 Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sás e con problemas de saúde ao largo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable.
  A8 Identificar os nutrientes e os alimentos en que se encontran.
  A9 Identificar os problemas nutricionais de maior prevalenza e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas.
  A10 Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
  A11 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
  A12 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde, seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas.
  A13 Establecer unha relación empática e respectuosa coa paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema e saúde e etapa de desenvolvemento.
  A14 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación, efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
  A15 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
  A16 Coñecer os principios de radioloxía, radioprotección e prevención e control de infeccións.
  A17 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
  A18 Comprender a metodoloxía de investigación cualitativa en saúde.
  A19 Comprender a metodoloxía de investigación cuantitativa en saúde.
  A20 Comprender os métodos estatísticos frecuentes en estudios do área de ciencias da saúde.
  A21 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
  A22 Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os planes de coidados correspondentes.
  A23 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
  A24 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
  A25 Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
  A26 Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e comunidade.
  A27 Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional desenvolverá nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
  A28 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
  A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
  A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
  A31 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade.
  A32 Analizar os datos estatísticos referidos a estudios poblacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
  A33 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
  A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
  A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
  A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
  A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
  A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
  A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
  A40 Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar, proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
  A41 Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
  A42 Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato.
  A43 Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
  A44 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións.
  A45 Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse.
  A46 Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores.
  A47 Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento.
  A48 Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos padres ou coidadores primarios.
  A49 Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde.
  A50 Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer.
  A51 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores.
  A52 Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.
  A53 Coñecer o Sistema Sanitario Español.
  A54 Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermaría e a xestión de coidados.
  A55 Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
  A56 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
  A57 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
  A58 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
  A59 Coñecer os problemas de saúde mental máis relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, proporcionando coidados integrais e eficaces, no ámbito da enfermaría.
  A60 Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais.
  A61 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais a as materias que conforman o titulo e con avaliación final de competencias.
  A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
  B8 Capacidade de análise e sínteses.
  B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
  B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
  B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
  B12 Capacidade para organizar e planificar.
  B13 Toma de decisións.
  B14 Habilidades interpersonais.
  B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
  B17 Fomento de unha 2º lingua de interese para a profesión.
  B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
  B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
  B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
  B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
  B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
  B23 Habilidade para traballar nun contexto internacional.
  B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  C9 CB1 Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo.
  C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
  C13 CB5 Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes