Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria en Primeira Oportunidade. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo e bibliografía. 15
Prácticas de laboratorio A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. A realización de todas as sesións prácticas e a presentación do caderno correspondente é obrigatoria e contribuirá sumando 0,5 puntos. 5
Saídas de campo A2 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 A asistencia a esta actividade e a entrega da memoria resumen da saída valórase con 0,5 puntos. 5
Proba mixta A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. As probas parciais deben superarse polo menos con 4 puntos para quedar exento de realizar a proba final. A proba final será única e relativa ao contido completo da materia. Para poder aprobar a materia, a nota da proba final debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumno que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. 75
 
Observacións avaliación

A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos os alumnos con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febreiro). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumno pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e Adiantada (ITINERARIO ADIANTADA).

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada):

1.- Traballo tutelado 15%

2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 75%

3.- Prácticas de laboratorio 5%

4.- Saída de campo 5%

Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnos con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnos con matrícula a tempo parcial):

1.- Proba mixta 100%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumno será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes