Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Biology
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria para a primeira oportunidade. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo e bibliografía.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
15
Workshop A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. Os talleres valoraranse mediante a participación en todas as sesións e a presentación do caderno correspondente. 15
Guest lecture / keynote speech A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 O seguimento das clases maxistrais de forma síncrona ou asíncrona por parte do alumnado valorarase mediante a súa participación en clase, a elaboración de resumos, e/ou a realización de tarefas ou probas obxectivas que serán comunicadas ao alumnado polo Campus Virtual. 10
Mixed objective/subjective test A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. As probas parciais deben superarse polo menos con 4 puntos para quedar exento de realizar a proba final. A proba final será única e relativa ao contido completo da materia. Para poder aprobar a materia, a nota da proba final debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. 60
 
Assessment comments

A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todo
o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febrero).
Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de
avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o
sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (Entregando
nun prazo que se anunciará no Campus Virtual as actividades académicas
deseñadas para o curso que computan na avaliación) ou a avaliación
mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO
FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para
a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con
ou sen dispensa académica) pode acollerse a este último sistema de
avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da
nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO
TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA).

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade):
1.- Proba mixta obrigatoria con nota superior a 4 puntos 60%
2.- Sesións maxistrais 10%
3.- Traballo tutelado 15%
4.- Obradoiro 15%

Avaliación
ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA
(aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con
matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para
alumnado con matrícula a tempo parcial):
1.- Proba mixta 100%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes