Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fisioloxía I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C7 C8 Nos seminarios terase en conta tanto a calidade do traballo escrito, coma o formato e a presentación na aula.
No exame escrito realizaranse preguntas sobre os temas tratados nos seminarios.
10
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C7 C8 Avaliarase a asistencia e a participación, pero fundamentalmente a memoria que entregarán os alumnos ó rematar a práctica e que a profesora avaliará e entregará corrixida posteriormente para que poidan ver os erros cometidos. 30
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 Avaliación mediante un exame escrito (tipo test ou preguntas curtas).
Se o exame é tipo test as preguntas mal contestadas puntuarán negativamente.
60
 
Observacións avaliación

Na avaliación final tamén se terá en conta a asistencia a clase así como a actitude demostrada na mesma. Esixirase unha nota mínima (4 puntos sobre 10) no exame escrito para poder superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes