Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Coidados Básicos en Enfermaría
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura e estudo da bibliografía seleccionada previamente polo profesor, como fonte de información e profundización nos contidos da materia.
Proba de ensaio Proba escrita sobre os contidos teóricos do programa da materia, onde o estudante deberá responder a preguntas amplas onde se valorará que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento e adecuación aos contenidos da materia.
Sesión maxistral Método expositivo que consiste en sesións expositivas, explicativas e/ou demostrativas de contidos, con presentacións realizadas polo profesor e coa participación do alumno, co apoio dos medios audiovisuales necesarios.
Seminario Traballo en grupo coa participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados cos Coidados Básicos centrados nas necesidades da persoa. Son sesións presenciais de tipo monográfico supervisadas polo profesor nas que o estudante se converte no motor principal da clase. O obxectivo é que o alumno contraste a través de actividades, os coñecementos que lle permitan interpretar a realidade social, e as situacións obxecto de intervención profesional.
O material básico necesario para o desenvolvemento desta actividade será facilitado polo profesor durante o desenvolvemento desta actividade.
O alumno deberá entregar ao finalizar os seminarios establecidos polo profesor, un dossier no que se recollan todas as actividades desenvolvidas.
Traballos tutelados Traballo de revisión, de carácter obrigatorio, sobre contidos relacionados cos Coidados Básicos de Enfermaría vinculados á promoción da saúde física e psicosoacial. O obxectivo desta metodoloxía é fomentar a aprendizaxe autónoma do alumno, a través dun proceso tutelado polo profesor, de lectura e análise de fontes documentais, que finaliza coa entrega e defensa dun traballo. Este traballo se realizará en grupos de catro alumnos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes