Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fundamentos da Enfermaría
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral realizada na aula por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios.
Seminario Traballo en grupo a través da participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados coa profesión, as súas funcións así como os Modelos de Enfermaría e a posterior elaboración dun documento de análise e síntese sobre os mesmos. O material básico necesario facilitarase durante o desenvolvemento dos mesmos.
Lecturas Profundización na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor.
Estudo de casos Estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (proceso de atención).
Como sistema de avaliación levará a cabo unha proba escrita onde o alumno deberá demostrar o coñecemento da aplicación da metodoloxía científica a través da resolución dun caso hipotético.
Traballos tutelados Proceso de lectura e análise do contido de libros, artigos, páxinas web... relacionados coa historia dos coidados de Enfermaría.
Ao longo deste proceso formativo tutelado polo profesor fomentarase a aprendizaxe independente dos estudantes, finalizando coa entrega e defensa dun traballo.
Proba oral Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas curtas ou de certa amplitude onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa.
Proba de ensaio Proba escrita sobre os contidos do programa onde o alumno deberá responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes