Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fundamentos da Enfermaría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A23 A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 SÓ APLICABLE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE 0
Estudo de casos A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B21 B22 B24 C4 C6 C7 C8 Proba escrita onde o alumno deberá resolver un caso onde se lle exporá un problema de saúde-enfermidade hipotético utilizando para iso o proceso de atención de enfermaría. 20
Traballos tutelados A21 B1 B3 B5 B8 B11 B12 B16 B19 B20 B21 B22 C3 C7 C8 Entrega e defensa dun traballo de carácter obrigatorio sobre Historia da Enfermaría.
20
Proba oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas abertas, de certa amplitude, onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa.
Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.

Levarase a cabo unha avaliación continua onde a aplicación das porcentaxes correspondentes se realizará sempre e cando o alumno teña todas as probas (Estudo de Casos, Traballos Tutelados e Proba Oral) superadas de xeito independente.

Cando o alumno non supere de xeito independente unha ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superado algunha das avaliacións, figurará cun 4,5 en acta.

O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.


SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final.


MATRÍCULA PARCIAL:

Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.


OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.


MATRÍCULA DE HONRA:

Poderán optar a matrícula de Honra aqueles alumnos cuxa media supere o 9,5.

Os profesores da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes