Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bases para a interpretación do coñecemento científico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Os estudantes de modo individual realizarán a lectura e comentario de artículos de investigación cualitativa.
O resto das lecturas encontrase na web http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
En grupos de estudantes elaborarán e presentarán a os seus compañeiros a análise metodolóxica de 2 artículos de investigación cualitativa
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Os contidos teóricos básicos impartense en sesions maxistrais, pero con un enfoque participativo.
A información dispoñible en Moodle será unha versión simplificada dos contidos teóricos.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
De cada tema explicado da metodoloxia cuantitativa realizaranse exercicios prácticos que o alumno debe presentar na súa totalidade
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Na parte da materia impartida pola profesara Teresa Seoane (4 ECTS) realizarase unha proba escrita que combinará preguntas de resposta múltiple, resposta breve e a resolución de exercicios de análise estadística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia.
Na parte da materia impartida pola profesora María Jesús Movilla (2 ECTS) realizarase unha proba escrita constituida por 7 preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes