Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bases para a interpretación do coñecemento científico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 C6 C7 C8 C11 Consiste en realizar en grupos de 5 estudantes unha proposta de investigación.
Na parte da Prof SEOANE tratarase dunha proposta de investigación cuantitativa e terá unha puntuación de 1 punto sobre 10 na parte evaluada (nota final máxima da materia 0.7 puntos).

Na parte da Prof MOVILLA tratarase dunha proposta de investigación cualitativa e terá unha puntuación de 2.5 puntos sobre 10 na parte evaluada (nota final da máxima materia 0.75 puntos).
0
Solución de problemas A19 A20 B8 C7 C11 C13 Esta actividade corresponde á parte da materia impartida pola Prof. Dra. Teresa Seoane (4 ECTS). Será necesario entregar os boletíns de exercicios prácticos que deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados, valorándose con 2 puntos sobre 10 (nota máxima final da materia=1.3 puntos):

- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema

0
Proba mixta A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 1.- Na parte correspondente á materia (4 ECTS) impartida pola Prof. Dra. Teresa Seoane realizarase unha proba escrita que se valorará con 7 puntos sobe 10 (nota final máxima da materia 5 puntos) que combinará preguntas de resposta múltiple, resposta breve e a resolución de exercicios de analise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia.
2.- Na parte correspondente á materia (2 ECTS) impartida pola Prof. Dra María Jesús Movilla realizarase unha proba final que terá unha puntuación máxima de 7.5 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 2.25 puntos)
0
 
Observacións avaliación
NOTA IMPORTANTE.



A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico é impartida por 2 profesores. A Prof Dra Teresa Seoane Pillado(4 ECTS) e a Prof Dra María Jesús Movilla Fernández (2 ECTS). 

Para superar a materia é necesario haber superado cada unha das partes individualmente. 
No caso de que non se supere unha das duas partes na 1ª oportunidade a nota que lle figurará será de 4,e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.
 

A nota final calculase según o peso en créditos ECTS de cada unha das partes, 70% materia impartida pola Prof. Dra Teresa Seoane Pillado e 30% materia impartida pola Prof. Dra María Jesús Movilla Fernández.  

MATRICULA PARCIAL.
Os/As estudantes poderán solicitar DISPENSA ACADEMICA.

Os/as estudantes de matricula parcial deberán poñerse en contacto cas profesoras ó inicio do curso. 
Prof. Seoane: Deberán entregar os boletins de exercicios no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as. Ademais de realizar a proba mixta correspondente a esta parte da materia.
Prof. Movilla: Os/As estudantes poderán optar a unha seguintes opcións sempre e cando o indiquen durante o mes de setembro: 
1.- proba mixta de 10 preguntas sendo necesario acadar 5 puntos para superar materia. 
2.- realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE 

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS. 

Prof Seoane: Deberán entregar os boletins de exercicios no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as. Ademais de realizar a proba mixta correspondente a esta parte da materia
Prof. Movilla: a avaliación consistirá en unha proba mixta de 10 preguntas sendo necesario acadar 5 puntos para superar materia.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. 

Prof Seoane: Deberán entregar os boletins de exercicios no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as. Ademais de realizar a proba mixta correspondente a esta parte da materia  
Prof. Movilla: A avaliación consistirá en unha proba mixta de 10 preguntas sendo necesario acadar 5 puntos para superar materia.

MATRICULA DE HONRA.

Outorgarase ás puntuacions máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia.

NON PRESENTADO.

A calificación de Non Presentado corresponderá ó/á estudante que non fixera a proba mixta na parte da profesora Seoane e/ou que non realizara a proba mixta na parte da profesora Movilla.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes