Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva presencial dunha hora de duración na que se presentará a asignatura e expoñerase con detalle o traballo a realizar durante o cuatrimestre, así como os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Exposición oral presencial e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da asignatura.
Todo o contido das sesións expositivas estará dispoñible en temas en formato pdf no apartado correspondente da plataforma Moodle.
Obradoiro Ao finalizar cada un dos bloques temáticos da materia realizaranse seminarios presenciais nos que se profundará, debaterá e traballará nos diferentes temas expostos nas sesión maxistral. Os estudantes realizarán diferentes actividades indicadas polo profesor: procuras de información, traballos en grupo, preguntas, casos clínicos, exposicións orais ou escritas, etc. Todas estas tarefas entregaranse a través da plataforma Moodle no seu apartado correspondente.
Proba de resposta múltiple 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección por respostas non acertadas.
Realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes