Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Contidos
Temas Subtemas
A SAUDE E OS SEUS FACTORES DETERMINANTES - O modelo de determinantes da saúde. Valoración enfermeira dos factores da bioloxía humana, do medio ambiente, do estilo de vida o do sistema sanitario, e a súa repercursión na autonomía para o autocoidado.

- O compromiso con un estilo de vida saudable como meta enfermeira. Instrumentos de valoración do estilo de vida e planificación de coidados para promovelo: o perfil do estilo de vida de Pender. Intrumento de barreiras, beneficios e autoeficacia percibida. O PAPPS:recomendacións baseadas na investigación para a prevención da enfermidade e a promoción dun estilo de vida saudable.

- Os determinantes sociais da saúde: a crisis económico-financieira e as novas identidades. Influencia na autonomía para o autocoidado.

- A educación sanitaria ao servizo da promoción da saúde e da prevención da enfermidade. Modelo pragmático de Salleras. Modelo transteorético do cambio de conducta. Limitacións da educación sanitaria e perspectivas do empoderamento en saúde, empoderamento de pacientes, e do coaching en saúde. Respaldo científico.
FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA E XERALIDADES DA SAÚDE PÚBLICA E ENFERMARÍA COMUNITARIA
- A saúde individual e colectiva. A salutoxénese e os activos en saúde como obxeto da saúde pública.

- Modelos de atención sanitaria: bioloxicista, analítico e con perspectiva de xénero, modelo de empoderamento dos pacientes ,modelo enfermeiro salutoxénico e modelo de prevención dos déficits de autocoidado.

- Concepto e funcións da saúde pública. A saúde pública en España. A promoción da saúde e a súa axenda internacional. Empoderamento, facilitación e abogacía para a saúde.

- A prevención da enfermidade no mundo desenvolvido. Niveis de prevención. Evidencias de eficacia.

- O diagnóstico de saúde na comunidade e a planificación sanitaria para enfermeiros comunitarios.

- Da enfermaría de saúde pública á enfermaría comunitaria. Situación actual. Aportaciós da enfermaría comunitaria á saúde das persoas, grupos e comunidades. Empoderamento, autocoidado e a autoatención para a saúde. A enfermeira comunitaria de enlace. As enfermeiras especialistas en enfermaría comunitaria.
DEMOGRAFIA SANITARIA - Estadísticas demográficas.

- Poboacións e modelos de crecemento.

- Interese para os profesionais de enfermaria comunitaria.
EPIDEMIOLOXIA CLÍNICA - Epidemioloxía de saúde pública. Método epidemiolóxico e aplicacións da epidemioloxía. Vixiancia epidemioloxica

- Coidados de enfermaría baseados na evidencia.

- Epidemioloxía aplicada aos problemas de saúde máis prevalentes. Interese para os profesionais de enfermaría.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes