Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballo tutelado que pode computar ata dous puntos na nota final de asignatura, sendo condición necesaria para facer o sumatorio da nota do exame e da nota do traballo, ter superado o exame con a lo menos cinco puntos. A nota do traballo virá determinada pola consecución dos obxetivos do mesmo, e polo rigor científico e metodolóxico con que o alumno o realice.

Os alumnos que non acuden regularmente a clase poden solicitar seguemento de este traballo en tutoría personalizada por correo electrónico.
20
Proba obxectiva B16 B20 B24 C10 C11 C12 Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc... Cada pregunta correcta puntúa un punto, e a incorrecta non puntúa, sen puntuacións intermedias para as incompletas. Acadaranse a lo menos cinco puntos para superar a asignatura, de un total de oito puntos que se poden obter en esta parte da avaliación.

80
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para os alumnos de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

Os alumnos que concurran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación -sempre que tiveran entregado en tempo os traballos propostos- ou concurrir a un exame único que computará o total da nota da avaliación. En este caso haberá dúas preguntas máis sobre as temáticas relativas aos traballos realizados durante o curso, que terán o mesmo criterio de avaliación que as oito restantes. O alumno deberá comunicar por escrito ao profesor o sistema que escolle durante a realización do exame da segunda oportunidade. 

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poden acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo.

A calificación de Matrícula de Honra poderán obtela os alumnos que puntúen a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame e o dos traballos tutelados. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes