Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc... Cada pregunta correcta puntúa un punto, e a incorrecta non puntúa, sen puntuacións intermedias para as incompletas. Acadaranse a lo menos catro puntos, dos oito que se poden acadar con esta proba, para superar esta parte da asignatura.
80
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballo tutelado que pode computar ata dous puntos na nota final da asignatura, sendo condición necesaria para facer o sumatorio da nota do exame e da nota do traballo, ter superado o exame e acadar a lo menos un punto no traballo tutelado. A nota do traballo virá determinada pola consecución dos obxetivos do mesmo, e polo rigor científico e metodolóxico con que o alumno o realice.

Os alumnos que non acuden regularmente a clase poden solicitar seguemento de este traballo en tutoría personalizada por correo electrónico.
20
 
Observacións avaliación

A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para os alumnos de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

Os alumnos que concurran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou á opción de exame único. 

- Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivera aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño.

- Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial da avaliación. En ese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas as materias traballadas mediante os traballos tutelados ao longo do curso. Será requisito para aprobar o exame acadar 5 puntos e que a lo menos unha de esas preguntas engadidas sexa correctamente respostada.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poden acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitar esta opción por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación.

A calificación de Matrícula de Honra poderán obtela os alumnos que puntúen a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos traballos tutelados. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes