Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría da Saúde Mental
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.

A proba deberá realizarse de maneira presencial utilizando as ferramentas informáticas institucionais.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema.
A lectura crítica da documentación aportada (capitulo libros, artigos, tesis...) complementarase con a resposta, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema.

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, ciclo de conferencias, exposicións, etc., e da realización dos traballos derivados a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia.
Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas o alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes