Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación.
A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnado adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990)
No ABP un grupo pequeno reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe.
O estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno, traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. Traballásese polo menos 5 escenarios e/ou casos.
O desenvolvemento de cada escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle.

Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesor interactúan dun modo ordenado, propondo cuestións, realizando aclaracións, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Os resultados do traballo realizado con metodoloxía colaborativa serán presentados na aula e argumentado diante do resto do estudiantado.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Proba obxectiva Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes