Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 Sesiones dirigidas a la resolución de casos prácticos que requieren soluciones
creativas y novedosas, para hacer frente a los nuevos escenarios sociales
propios de esta sociedad global.
25
Proba obxectiva A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 realización dun exame teórico sobre os temas explicados nas leccións maxistrais
75
 
Observacións avaliación

       Proba tipo test: realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o curso. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. Os contidos que se avaliarán serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais e os estudos de casos.

Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos.

A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.

-       Estudo de casos: a asistencia ás sesións de estudos de casos é obrigatoria. Quedan excluídos desta obrigatoriedade os alumnos de matrícula parcial que deberán realizar as actividades que se lle indiquen e entregalas no momento indicado.; esta programación realizarase cando se presente o caso.

Nos estudos de caso valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as achegas no proceso de reflexión.

Ao comezo de cada sesión, o alumno asinará asistencia. Cada grupo debe entregar o caso traballado ao finalizar a sesión. A entrega realizarase a través do correo electrónico antes das 20 h dese mesmo día.

As actividades relacionadas cos estudos de caso son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia. Ao longo do curso realizaranse os estudos de caso planificados no cronograma da materia.

OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

-        Fórmula para calcular a cualificación  de Próbaa tipo test:

Cada resposta correcta puntúa: 0,33 puntos

Fórmula para a puntuación: nº de acertos-nº de erros                                                                        

                                                                      3          

Exemplo: Un alumno nunha proba tipo test de 30 preguntas con 4 alternativas de resposta, ten 24 respostas acertadas e 6 erros. A súa cualificación calcularase así:

24-6 =  22

      3

22 x 0,33= 7,26

-  Enfermaría Maternal

Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos en próbaa tipo test.

Os casos prácticos supoñen un 25% da nota final de Enfermaría Maternal.

A cualificación do exame tipo test supón un 75 % da  nota final de Enfermaría Maternal.

-   Enfermaría Infantil:

Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos en próbaa tipo test.

Os casos prácticos supoñen un 25% da nota final de Enfermaría Maternal.

A cualificación do exame tipo test supón un 75 % da  nota final de Enfermaría Maternal.

- Cualificación final de Enfermaría Materno-Infantil:

A nota final de Enfermaría Materno-Infantil calcularase facendo unha media aritmética da cualificación obtida en Enfermaría Maternal e Enfermaría Infantil, tendo en conta que o peso sobre a nota final é o seguinte:

·       Enfermaría Maternal: 40%

·       Enfermaría Infantil: 60%

Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos en cada parte (E. Maternal e E. Infantil), para aplicar a porcentaxe da nota final.

-  Matrícula de honra: será outorgada automaticamente aos alumnos que alcancen unha cualificación de 9,5. No caso de que exista maior número de alumnos que matriculas de honra asignadas á materia, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados, programarase, en hora e data acordada polos interesados a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións.

-  Oportunidade adiantada: será condición necesaria para superar a materia:Superar unha proba escrita. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. A cualificación dos casos prácticos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación dun 20%

-   Non presentado: Será considerado todo alumno que non se presentou a próbaa tipo test de calquera das dúas partes.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes